QUEIXAS E RECLAMACIÓNS
Conforme á Lei 25/2009, do 22 de decembro, de modificación de diversas leis para a súa adaptación á Lei sobre libre acceso ás actividades de servizos e o seu exercicio, así como a actual redacción da Lei de colexios profesionais do 15 de febreiro de 1974, os colexios profesionais deben contar cun servizo de atención os colexiados e os consumidores ou usuarios.
- Lei de colexios profesionais do 15/02/1974
- Lei 11/2001, do 18 de setembro, de colexios profesionais da Comunidade Autónoma de Galicia
- Código deontolóxico do Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia
- Lei 39/2015, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común
Presentación
- No rexistro de entrada do Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia (Rúa Hórreo 7, 1º D, Santiago de Compostela)
- Por correo postal, dirixido a: Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia, rúa do Hórreo 7, 1º D, 15702 Santiago de Compostela, A Coruña.
- Por fax: 981 581 000
- Por correo electrónico: coprodega@coprodega.es
- On line a través do formulario de queixa na páxina www.coprodega.es
Tramitación
Unha vez presentado o escrito de queixa, este será elevado á Xunta de Goberno do Colexio. A Xunta de Goberno, logo de examinar a queixa, pode acordar o seguinte:
- O seu arquivo (artigo 75.1 do Decreto 304/2008, do 9 de outubro polo que se aproban os estatutos do Colexio). No caso de considerar que a denuncia carece manifestamente de contido, é inverosímil ou non ten fundamento.
- A incoación dun expediente informativo previo (artigo 76 do Decreto 304/2008, do 9 de outubro). Neste caso dáselle traslado do escrito de queixa ao interesado/a denunciado/a para que no prazo de 15 días poida presentar cantas alegacións, documentos e información xulgue conveniente e, de ser o caso, propoñer proba concretando os medios dos que pretenda valerse.
Tras recibir as alegacións do protesico/a, poderá acordarse:
- O arquivo das dilixencias de información previa;
- A apertura dun expediente disciplinario.
Todos estes acordos seranlle comunicados por escrito á persoa denunciante.