Os colexios da saúde únense na Homenaxe as Vítimas do covid-19

Os colexios da saúde únense na Homenaxe as Vítimas do covid-19

Este martes, 28 de xullo, terá lugar unha homenaxe dos profesionais sanitarios de toda Galicia ás vítimas do covid-19. Serán os trinta e un colexios profesionais sanitarios de Galicia os que darán a súa mensaxe sobre a situación vivida. É a primeira vez que todas estas institucións galegas de saúde únense para organizar un acto en común. Eduardo Ferreiro, xornalista da TVG, encargarase de conducir a homenaxe, que será breve, solemne e austera.

O evento desenvólvese no Salón Nobre do Pazo de Fonseca da Universidade de Santiago de Compostela, ás 11 horas. O acto contempla que un representante de cada colexio lerá parte dun manifesto no que se lembrará ás vítimas e a repercusión da pandemia para os profesionais e a sociedade.

Ao finalizar a lectura, a soprano Laura Alonso e o pianista Javier Ares interpretarán dúas pezas musicais coas que se pechará o acto. A iniciativa partiu do Consello Galego de Colexios Médicos e contou co respaldo absoluto das profesións sanitarias de Galicia que participaron nunha reunión preparatoria celebrada o pasado 30 de xuño. Á iniciativa sumáronse logo dous colexios máis: os de biólogos e químicos.

 

17 profesións e 31 colexios profesionais

En total, estarán representadas 17 profesións a través de 31 institucións colexiais: Colexio Oficial de Biólogos de Galicia, Colexio Oficial de Dentistas de Pontevedra e Ourense, Colexio Oficial de Dietistas- Nutricionistas de Galicia, Colexio Oficial de Enfermería da Coruña, Colexio Oficial de Enfermería de Lugo, Colexio Oficial de Enfermería de Ourense, Colexio Oficial de Enfermería de Pontevedra, Colexio Oficial de Farmacéuticos da Coruña, Colexio Oficial de Farmacéuticos de Lugo, Colexio Oficial de Farmacéuticos de Ourense, Colexio Oficial de Farmacéuticos de Pontevedra, Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia, Colexio Profesional de Higienistas Dentais de Galicia, Colexio Profesional de Logopedas de Galicia, Colexio Oficial de Médicos da Provincia da Coruña, Colexio Oficial de Médicos da Provincia de Lugo, Colexio Oficial de Médicos da Provincia de Ourense, Colexio Oficial de Médicos da Provincia de Pontevedra, Colexio Oficial de Odontólogos e Estomatólogos da Coruña, Colexio Oficial de Odontólogos e Estomatólogos de Lugo, Colexio de Ópticos-Optometristas de Galicia, Colexio Oficial de Podólogos de Galicia, Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia, Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, Colexio Oficial de Químicos de Galicia, Colexio Oficial de Terapeutas Ocupacionais de Galicia, Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia, Colexio Oficial de Veterinarios da Coruña, Colexio Oficial de Veterinarios de Lugo, Colexio Oficial de Veterinarios de Ourense e Colexio Oficial de Veterinarios de Pontevedra.


Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
[wp_show_posts id="1627"]