ÓRGANOS DE GOBERNO

En consonancia co establecido na Lei 11/2001, do 18 de setembro, pola que se regulan os colexios profesionais da Comunidade Autónoma de Galicia, o artigo 16º dos vixentes Estatutos, establecen os órganos de goberno e representación do Colexio cuxa estrutura podedes consultar no apartado de organigrama do menú desta páxina web.

 

De acordo coa acta de proclamación da única candidatura presentada como candidatura electa, publicada no DOGA núm. 86/2009, do 05/05, os citados órganos están compostos polos seguintes colexiados:

 

  1. ASEMBLEA XERAL: É o órgano supremo do Colexio e está composta por todos os colexiados con plenitude de dereitos. Reunirase como mínimo unha vez ao ano en sesión ordinaria que deberá celebrarse durante o primeiro trimestre.
  2. PLENO DA XUNTA DE GOBERNO: Por así establecelo o artigo 28º dos Estatutos o Pleno reunirase obrigatoriamente dúas veces ao ano en sesión ordinaria e en sesión extraordinaria cando así o estime oportuno o Presidente ou a Comisión Permanente previo acordo expreso ou o soliciten formal e motivadamente por escrito un terzo dos seus membros.
  3. COMISIÓN PERMANENTE: Composta polo Presidente, Vicepresidenta, Secretario, Interventor, Tesoureiro e Poñente de Cultura. De acordo co previsto no artigo 31º dos Estatutos a Comisión Permanente celebrará sesión ordinaria unha vez cada dous meses e con carácter extraordinario cada vez que o Presidente ou dous membros da Comisión o consideren conveniente.
  4. COMISIÓNS PLENARIAS INFORMATIVAS: Son órganos de carácter informativo e de preparación e asesoramento dos asuntos que se sometan a deliberación da Asemblea Xeral e do Pleno e Comisión Permanente da Xunta de Goberno. A súa composición e réxime de funcionamento están regulados nos artigo 40º e 41º dos Estatutos. Para ver as comisións constituídas consultar no menú da páxina web o apartado de organigrama.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
[wp_show_posts id="1627"]