O Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia celebra o seu 25 aniversario e homenaxea coa entrega de medallas aos seus colexiados que cumpren 25 anos de colexiación

O Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia celebra o seu 25 aniversario e homenaxea coa entrega de medallas aos seus colexiados que cumpren 25 anos de colexiación

O Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia (COPRODEGA) cumpre 25 anos e celebrámolo en Santiago de Compostela, no Hotel Oca Porta do Camiño, onde a entidade colexial entregou as medallas de 25 anos de pertenza ao colexio. Unha trintena de colexiadas e colexiados recibiron o recoñecemento como pioneiros dunha institución creada en 1998. As colexiadas e colexiados xubilados tamén recibiron un recoñecemento.

A Asemblea Constituínte do Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia tivo lugar ao ano seguinte na Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela. Avelino Sanmartín destacou no seu discurso que cumprir un cuarto de século representa un “fito”. “É un feito histórico para a nosa profesión”, dixo. O máximo representante dos protésicos dentais de Galicia apuntou, con orgullo, que a institución profesional que representa “está asentada, consolidada e integrada como unha institución sanitaria clave e estratéxica no ámbito da saúde buco-dental da comunidade autónoma”.

Ao acto de Entrega de Medallas de 25 anos de Colexiación, ademais de Avelino Sanmartín, que exerceu de anfitrión, acudiron Cristina Pérez Fernández, Xefa Territorial da Consellería de Sanidade da Coruña; José María Suárez Quintanilla, presidente do Colexio de Odontólogos e Estomatólogos da Coruña e de Unión Profesional de Galicia; Luciano Vidán Martínez, presidente do Colexio de Médicos da Coruña; Diana Vidal Freire, vogal do Colexio de Higienistas Dentais de Galicia, e Juan Ramón Pérez Gómez, presidente da Asociación de Técnicos Superiores Sanitarios de Galicia (Atessga).

O presidente de COPRODEGA, colexio profesional asociado a Unión Profesional de Galicia, agradeceu a presenza de representantes da Xunta e das profesionais vinculadas á saúde buco-dental. “A nós correspóndenos a misión de manter a transcendencia social, profesional e institucional da nosa profesión para que perdure na estrutura das Administracións e Corporacións do Estado e de Galicia”, dixo dirixíndose ás colexiadas e colexiados presentes na celebración, un encontro que, segundo Avelino Sanmartín, serviu para “reflexionar sobre o que logramos xuntos e as metas que seremos capaces de alcanzar no futuro”.



error: contido protexido!
Falamos?