Novo convenio de formación + Curso de introdución ao CAD/CAM

Novo convenio de formación + Curso de introdución ao CAD/CAM

Estimado/a colexiado/a ou pre-colexiado/a:

COPRODEGA ven de asinar un convenio de colaboración co Centro de Formación Folguera Vicent, co obxectivo de seguir impulsando a formación continuada, complementaria e especializada dos nosos/as profesionais e futuros/as profesionais.

Este acordo permitirá acceder a propostas formativas de interese para o sector, con condicións moi vantaxosas.

 


Avelino J. Sanmartín Caamaño e Fernando Folguera Arbas na feira Expodental 2026, despois de asinar o acordo.

 

Como primeira iniciativa derivada deste convenio, preséntase o Curso de Introdución ao CAD/CAM, que se celebrará en xullo en Alboraya, Valencia. Trátase dunha formación orientada tanto a estudantes que desexan incorporarse ao mercado laboral cunha base práctica máis sólida, como a profesionais que queren iniciarse no ámbito CAD/CAM. Conta coa destacada colaboración do técnico e profesor José María Fonollosa, quen coa súa participación achega sempre unha garantía de rigor e calidade ás iniciativas formativas de Coprodega.

 

Datos destacados do curso:

  • Datas: do 6 ao 10 de xullo.
  • Lugar: Av. Divino Maestro, Baixo-14, Alboraya, Valencia.
  • Prezo xeral: 600 €.
  • Prezo especial para colexiados/as e pre-colexiados/as de Coprodega: 450 € (25% de desconto)
  • Requisito de acceso á oferta: ser colexiado/a ou pre-colexiado/a.

 

Contidos do programa:

  • Sistemas de escaneado no laboratorio dental.
  • Clasificación dos sistemas CAD/CAM dentais.
  • Deseño con Modellier e exocad.
  • Impresión 3D.
  • Fresado con M1 de Zirkonzhan.
  • Prótese completa dixital.
  • Prácticas guiadas e valoración dos resultados.

 

> DESCARGAR PROGRAMA

Para formalizar a túa inscrición diríxete a: informacion@folgueravicent.com | +34 96 186 40 73

 

Agardo que poidas aproveitar esta oportunidade de actualizar coñecementos e seguir medrando profesionalmente.

Recibe un cordial saúdo,

 

Avelino J. Sanmartín Caamaño

Presidente do Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia

 



error: contido protexido!