Unha nova Lei pola COVID modifica a de Colexios Profesionais

Unha nova Lei pola COVID modifica a de Colexios Profesionais

O pasado 19 de setembro, publicouse no BOE a Lei 3/2020, de 18 de setembro. Trátase da Lei de Medidas procesais e organizativas para facer fronte ao COVID-19 no ámbito da Administración de Xustiza.nova lei

Na súa Disposición Final 1ª incorpórase a modificación da Lei de Colexios Profesionais (Lei 2/1974, de 13 de febreiro, sobre colexios profesionais), pola que se engade unha nova Disposición Adicional 6ª sobre sesións telemáticas. Entrou en vigor o pasado domingo día 20.

A Disposición Final 1ª ven a dicir o seguinte:

De  conformidade  co  disposto no artigo 17 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, todos os órganos colexiados das corporacións colexiais poderanse constituír, convocar, celebrar as súas sesións, adoptar acordos e remitir actas tanto de forma presencial como a distancia, salvo que o seu regulamento interno recolla expresa e excepcionalmente o contrario. En todo caso, estas previsións poderán ser desenvoltas polos correspondentes regulamentos de réxime interno ou normas estatutarias”.

Esta disposición ven a decir que o noso Colexio poderá constituír, convocar, celebrar as súas sesións e adoptar acordos de xeito telemático.

BOE-A-2020-10923 (5)

 

Total Page Visits: 41 - Today Page Visits: 2
Etiquetas
, ,


[wp_show_posts id="1627"]