Medidas para os protésicos ante o COVID-19

Medidas para os protésicos ante o COVID-19

Ante a pandemia declarada onte pola Organización Mundial da Saúde, pola expansión do coronavirus, COVID-19, urxe que os protésicos actuemos como profesionais sanitarios que somos, seguindo toda a normativa que nos aplica como laboratorios con licenza sanitaria. Así, partillamos estas medidas dirixidas aos protésicos dentais ante a expansión do COVID-19.

O noso colexio está en contacto co Consello Galego de Odontólogos para artellar medidas conxuntas que garanten aos profesionais vinculados ca saúde bucodental, medidas de prevención e confianza de cara á poboación.  En dita comunicación destácase a importancia de «reforzar as medidas de desinfección antes do envío das impresións e rexistros aos laboratorios de prótese dental, poñendo especial coidado para evitar a propagación do COVID-19 entre os profesionais sanitarios que traballan nos laboratorios».

Desinfeción das impresións

 

Neste sentido, o Ilustre Colexio Profesional de Protésicos Dentais de Madridi está a traballar nun protocolo, como informa na súa publicación  “COLPRODECAM lembra extremar as medidas hixiénicas ante o risco de transmisión do coronavirus”.

Este colexio amigo avanzou uns datos básicos que compartimos nesta nota co fin de combatir o virus nas nosas pezas e nos nosos laboratorios. Trátase de “… a obriga de desinfectar adecuadamente as impresións e mordidas procedentes das clínicas dentais co fin de evitar o contaxio e a transmisión do COVID-19 (coronavirus) entre o persoal do laboratorio dental”.

Na nota que publican na súa primeira páxina, compartiron publicamente un “cadro de desinfección” elaborado por Juan Carlos Megía ao que enlazamos a continuación.

Coidar a propia saúde con medidas estrictas

 

E fundamenta, como corresponde a toda emerxencia sanitaria,  facernos responsables de nosa propia saúde con medidas de prevención ante o COVID-19. Actuamos directamente coa saúde bucodental, vía principal de entrada do virus. Operamos conxuntamente coas clínicas dentais onde actúan diretamente cos pacientes e debemos prestar especial atención ás disposicións oficiais para a prevención e contención da pandemia.

 

 

Outros enderezos de interese:

 

Estúdiase un plan específico de prevención de riscos laboráis por áreas sanitarias.

Medidas acordadas na Comisión Interdepartamental centradas en la prevención

Comunicado de la Unión de Profesionales de Higienistas Dentales de España ante la Evolución del COVID-19

Cruz Roja lanza un curso online en abierto para prevenir la propagación del COVID-19

El coronavirus desde un dashboard en tiempo real

 

 



Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
[wp_show_posts id="1627"]