Un máster a proba de pandemias

Un máster a proba de pandemias

Que en tempos de pandemia unha iniciativa coma o I Máster de Iniciación e Perfeccionamento de Alta Estética Dental, impartido por José Antonio Ledo en Galicia chegue á súa segunda edición non pode ter outro cualificativo que dun rotundo éxito. A primeira edición 2019-2020 sorteou os obstáculos sanitarios e de emprendemento que supuxo para os seus organizadores de Cube Dental Formación, en Narón, a actual pandemia.

A culminación chegou un pouco máis tarde do previsto, pero alcanzáronse os obxectivos trazados: todos os alumnos que empezaron acabaron o curso cunha formación moi avanzada. En outubro empezou a segunda edición deste master, aínda no medio das dificultades e co apoio do Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia. Conversamos co seu director, José Antonio Ledo, protésico experimentado non só no na prática dental senon, no campo da formación.

protesis dental del master

“Os meus alumnos viñan como asustados, -comeza dicindo Ledo-, enfrontábanse a un proxecto de longa duración, non era simplemente un curso de perfeccionamento. Aos poucos notei un aire de superarse a sí mesmos, foron gañando seguridade. Houbo xenerosidade apoiándose uns a outros para sacar adiante o curso aínda nas circunstancias do COVID. O bonito é que de aquí, ao final, sacamos unha familia”.

 

Co acento andaluz que lle caracteriza por ter as súas orixes divididas entre Cádiz e Galicia, Ledo cóntanos como este ano decidiu facer a súa posta completa trasladándose coa súa familia á nosa comunidade autónoma. “Aposto pola xente positiva, que comparta valores positivos”-di-. “Pídolles aos meus alumnos que se rodeen desa xente, hai quen non quere que ó seu redor constrúase”.

 

Un máster no medio do COVID-19

Cando o curso estaba no seu apoxeo, xa no mes de febreiro, chegou a alarma e o confinamento. Ledo pediu aos alumnos que tivesen aguante os dous meses durante os que se estimaba que durase o parón. Tomou a decisión de dividir o grupo en dous para adaptarse ás distancias de seguridade e baixar a densidade de alumnos por clase. Deste xeito ditou ao final dous cursos.

Pregunta. Como se reorientou o curso nesa situación de incerteza? Non se sabía cando se podía renovar a actividade.

Resposta. Organiceino para que os mozos fixesen a parte artesanal desde as súas casas, porque o ordenador é perigoso. Se se poñen a traballar no ordenador dende as súas casas fan o traballo e o resto do tempo en Facebook ou en Instagram. Eu mesmo quédome embobado cun titorial. Ao final se te pos co dixital, de catro horas que eran para traballar, traballas unha. Así que lles dixen: para principios do mes seguinte quero 50 pezas moldeadas en cera. Obrígoos a traballar na súa casa. Cun mecherito de gas, alcol, cera e instrumental cos coñecementos que lles din.
P. Traballaron os dentes desde casa?
R.
Cos coñecementos que lles din no master sí. Dependendo da man de cada un. E logo imos corrixindo en clases, por aquí vas ben por aquí vas mal.
P. Como avalías da experiencia no primeiro máster levado a cabo en Galicia?
R.
Positiva desde o minuto un. Para min este sería o quinto máster, pero por primeira vez desenvolveuse nunha pandemia. Os alumnos en ningún momento quixeron abandonalo, estiveron implicados nas decisións que fun tomando.

 

Futuros protésicos


P. Que oportunidades ves para a carreira dos protésicos dentais no futuro?

R. Hai moito informático traballando no sector do CAD- CAM. A nivel nacional empézase a ver isto: contratan a un enxeñeiro con catro nocións de dentes e como ten coñecementos de informática, EXOCAD ou 3Shapes, que son os programas de informática que traballamos nós, son os que están a facer o traballo. Son unha máquina manexando os programas, pero non saben de dentes. Ensínanas a usar o scanner intraoral e non meten ao protésico para nada.

Alumnos da primeira edición do máster de Cube Dental Formación, todos alcanzaron o obxectivo.

 

P. Cal debe ser a reacción dos protésicos ante esta nova realidade do dixital?
R. Hai que reinventarse. Teño un lema na miña cabeza e creo que en min cúmproo: a norma é valorarme a min mesmo. Quen é bo é indispensable. Protésicos haberá miles, pero indispensables hai 50, e eses son os que os doutores queren. Odontólogos hai miles, pero os grandes cóntochos cos dedos das mans. Esa é a diferenza. O que queiras chegar a ser. Se queres ser grande o camiño é a formación. Hai un sector bastante elevado que se cren que a formación non vale para nada; ese é o verdadeiro cancro da profesión. Nunca se formaron, no seu acto de covardía non valoran a formación profesional. Esa xeración vaise, porque se xubilarán e vén unha nova que son os que teño como alumnos e está obrigada a non estar sentados nun sofá. E máis coa entrada do dixital.

flyer do master

Aínda quedan prazas no Máster

El profesor Fonollosa no master.

Profesor José María Fonollosa no master.

O máster creado por José Antonio Ledo parte desde o traballo cerámico, a cera como fundamento de todo o traballo protésico; introdución ao sistema dixital CAD- CAM, prótese removible de alta estética; modelos de alta precisión ou fotografía dental, por exemplo. Todas elas ferramentas indispensables para un traballo protésico actual e de calidade.

Son sete módulos e 300 horas de formación co concurso de dous grandes da profesión como o son José María Fonollosa e Salvatore Fiorillo.

Aínda quedan prazas para facer este segundo master que apenas inicia e que promete formar a un grupo de profesionais con altas capacidades na tecnoloxía protésica do futuro.

Eurídice Castillo M.

 

 

Total Page Visits: 107 - Today Page Visits: 3


[wp_show_posts id="1627"]