18 Nov IV Xornadas de Formación sobre normativa para a Xestión de Laboratorios
Se tes un laboratorio, o vindeiro sábado 29 de novembro de 2025, tes unha cita no Salón Ledesma do Hotel Gelmírez (Hórreo, 92 – Santiago de Compostela). As IV Xornadas de Formación sobre normativa para a Xestión de Laboratorios agárdante cun programa moi interesante:
- 09:45-10:00 h: Presentación e apertura do acto por D. Santiago García Ferrón, Relator de Cultura do Colexio
- 10:00-11:00 h: Sistema Verif*factu. Adaptación aos novos requisitos de facturación electrónica | Impartido por Ángel Herrera e Mª José García. FH Asesores S.L.
- 11:00-11:30 h: Pausa para o café
- 11:30-12:30 h: Trazabilidade dos produtos sanitarios a medida. Obrigación de cumprimento. Documentación e contido | Impartido por María Luz Soriano Radío. Xefa de Sección de Ordenación Farmacéutica e Produtos Sanitarios. Servizo de Planificación, Aseguramento e Ordenación Sanitaria. Departamento Territorial de Sanidade da Coruña
- 12:30-13:30 h: Medidas fronte á desconexión dixital | Impartido por Roberto Hermo. Grupo Isonor
- 13:30-14:00 h: Clausura do acto a cargo do Presidente do Colexio, D. Avelino J. Sanmartín Caamaño
PREZO: 20 € (importe que o Colexio devolverá aos colexiados que asistan; os colexiados que se rexistren pero non asistan, perderán a súa cota de inscripción)
PRAZAS: 100 (asignadas por orde de solicitude)
INSCRICIÓN: enviando un correo electrónico a secretaria@coprodega.es que inclúa nome, apelidos e número de colexiado, así como o xustificante de pagamento ou, se é o caso, autorización expresa para que o Colexio cargue a cota de matrícula na conta habitual do colexiado.
Reserva xa a túa praza e asegura o teu futuro profesional!





