III Xornadas Formativas e Normativas

III Xornadas Normativas

III Xornadas Formativas e Normativas

O exercicio do traballo protésico dental debe ter en conta as normativas en constante evolución á que están obrigados todos os profesionais relacionados coa prescripción, deseño e fabricación das próteses. Para abordar os temas de responsabilidade civil, as garantías do produto e a calidade necesaria no traballo diario, vanse celebrar en Santiago as III Xornadas Formativas e Normativas, Responsabilidade civil, garantías e calidade na prótese dental.

 

O evento, organizado polo Colexio de Protésicos Dentais de Galicia, COPRODEGA, con duración dunha mañá, vaise desenvolver no auditorio de Colexio de Médicos, na rúa de Mezonzo, o sábado 27 de novembro, a partir das 10.00h.

Abordaranse os seguintes temas:

A responsabilidade civil do protésico dental. Aspectos da cobertura da póliza de RC colexial.

Impartida por Roberto Núñez Sagredo

Letrado do Departamento de Responsabilidade Civil de A.M.A. Seguros.

A protección dos consumidores en relación ás próteses dentais.

Impartida por José María Pita Ponte

Licenciado en Dereito, Xefe do Servizo de Protección ao Consumidor.

Instituto Galego de Consumo, da Xunta de Galicia.

Sistemas de Xestión da Calidade en Produtos Sanitarios ISO 13485

Impartida por AENOR.

As costas cubertas

A actividade sanitaria conta con riscos que lle son propios. No caso dos protésicos dentais, esta situación é aínda máis específica. Trátase da elaboración de material sanitario de gran precisión que conta ca intermediación do odontólogo e dun diagnóstico prescriptivo suxeto a interpretacións.

O profesional protésico debe ter en conta, para o seu desenvolvemento, o coñecemento claro das responsabilidades as que debe responder no caso de presentarse situacións que poden ameazar o seu traballo e mesmo, a rentabilidade do seu traballo.

Xestión da garantía

As responsabilidades do fabricante dunha prótese dental ten determinadas responsabilidades ben diferenciadas, dacordo ca Lei de Consumo.

Dunha maneira transversal, na súa creación están involucrados dende o odontólogo que prescribe, ata o protésico ou os xestores dun centro de traballo desta especialidade. Isto fai necesario coñecer as implicacións e responsabilidades do proceso en todas e cada unha das súas fases.

Vaise analizar a xestión da garantía nos procedimentos de traballo clásicos, e tamén, os nos novos procedementos do fluxo dixital, así como os procedementos colaborativos en cad-cam.

Por que a calidade?

Garda unha relación estreita coa responsabilidade civil e as garantías das próteses dentais o temo da calidade no proceso de fabricación. Temos os procedemientos que, de xeito sistémico, poden favorecer o control do traballo protésico.

Un exemplo deste tipo de procedementos é o que está regulado pola NORMA UNE-EN ISO13485, na que especifícanse os requisitos dun sistema de xestión da calidade cando unha organización precise evidenciar a súa capacidade para xestionar produtos e servizos, que cumpran cos requisitos do cliente e os regulamentarios aplicables.

 

Dossier do evento:

III_Xornadas_Formativas-de_COPRODEGA

Responsabilidade civil, garantías e calidade na prótese dental.

Sede: Colexio de Médicos

Data: 27 de novembro 2021

Inscricións: no dossier adxunto.

 

Total Page Visits: 541 - Today Page Visits: 21


[wp_show_posts id="1627"]