Fonollosa: “A harmonía é un valor estético a alcanzar”

Fonollosa: “A harmonía é un valor estético a alcanzar”

A visita a Galicia dun profesional coma José María Fonollosa Pla, para impartir o Curso Teórico Práctico “Rehabilitacións Completas Acrílicas”, neste mes de xaneiro, significa un fito para o movemento protésico da nosa comunidade.

Enriquecer a formación dos nosos protésicos dentais cunha personalidade de impacto internacional, pola calidade da súa aportación á profesión, marca unha tendencia pola que aposta o Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia: a de traer ata a comunidade a persoalidades que acheguen ou seu saber ao noso colectivo.

Máis aló dos contidos que impartirá e que comentásemos en decembro no anuncio deste curso, quixemos abordar coneél os seus criterios e percepción sobre o feito técnico e estético do traballo protésico.

P: Que parte de arte e que parte de técnica hai no traballo do protésico dental?

JMFP.- Eu creo que case todo é técnica. A parte artística pódese considerar como habilidade manual. Despois de tantos anos vendo alumnos nas escolas, non é unha cuestión de motricidade fina. O que se pode interpretar por arte é que hai xente que capta as imaxes moito máis rápido que outros e téñenas gardadas aquí, na súa mente e logo reproducen con máis facilidade o que teñan que reproducir: a morfoloxía, a cor… porque o captaron máis rápido que outros aos que lles custa máis. Entón aquel a o que lle custa máis vai recorrer a memorizar, á experiencia, pero ao final as mans van a un mesmo sitio e ti podes dar un curso, por exemplo, sobre transición cromática, e no ensino pos primeiro isto, segundo isto, daquela o outro e sáeche, non é unha cuestión persoal.

P. Ata qué punto os avances no noso ámbito protésico dependen soamente da técnica e, en cambio tamén dependen dunha evolución dunha estética?
JMFP.- Eu creo que é ao revés, ou sexa, o concepto de estética sempre estivo moi claro e a tecnoloxía, materiais de maquinaria, etc etc, o que tratan de conseguir é alcanzar estes valores estéticos que sempre estiveron presentes. Estes valores estéticos buscan a máxima naturalidade desde o punto de vista estético. Dentes bonitos, todo o mundo sabe o que é un dente bonito, como conseguilo artificialmente. Entón aí a técnica, a tecnoloxía é por onde foi. Antes a cerámica poñíase sobre metal e iso tiña unhas limitacións estéticas cromáticas, tes un fondo opaco e iso afecta a traslucidez á reflexión da luz, etc etc. A industria dental, a tecnoloxía foi a buscar materiais que melloran ao metal en canto a calidades lumínicas, etc.

P. Imaxinemos ver o traballo protésico como esa paella que comentaba no pasado Congreso de COPRODEGA, ese conxunto de ingredientes que xuntos e ben tratados dan o mellor resultado. Cales son eses aspectos que hai que considerar para valorar unha prótese?

JMFP.- Son ingredientes o conxunto de todos eles. Todos eles servirán para que o que valora o paciente cúmprase que é a cor, a forma, a textura do dente… e as relacións que se establecen entre a posición do dente e determinadas liñas faciais de referencia, ou sexa un dente está torcido con respecto a que? Con respecto a determinadas liñas faciais de referencia, non son liñas que temos debuxadas, son liñas que nós vemos, a metade da cara, a liña media, é unha liña perpendicular ao plano horizontal, á mesa. Os ollos, as pupilas, forman tamén unha liña entre elas, coas que ti comparas a posición dos dentes. Se estes dentes están torcidos con respecto a esa liña, iso non xera harmonía. Esa harmonía é un valor estético a alcanzar.

P: As próteses foron durante moito tempo un asunto de restitución de pezas danadas. Con todo, parece que imos cara a outra función máis relacionada coa beleza, a forma de estar en sociedade. É así?
JMFP.- Si, a prótese dental cobre dous aspectos: funcional e estético, as funcións son as propias da dentición humana: a trituración de alimentos, a fonética, respiración, deglución, que dentes chocan cando deglutes, etc. É toda esa parte funcional e que en momentos nos que economicamente non se podían facer este tipo de prótese, ou en determinadas culturas ou pobos onde non hai economía para alcanzar próteses excelentes, unha prótese cubriu o básico que é o funcional, morder, comer para alimentarse e xa o demais era accesorio. Agora na medida que as clases medias han ido subindo, houbo máis poder adquisitivo, tamén desde o punto de vista de odontoloxía, os prezos non foron tan abusivos, agora están por baixo dos custos de fabricación, case.

José María Fonollosa Pla

José María Fonollosa no Congreso de Protees Dental de Galicia

 

P: A técnica pode facer que baixen eses custos, non?
JMFP.- A técnica permíteche traballar mellor e máis rápido. Non se baixou á conta de diminuír a calidade, ou sexa a técnica nalgúns casos utilízase para ir máis rápido pero non para traballar mellor. Por exemplo co 3D pódese traballar moi ben pero aínda é caro para poder abarcar todo o ámbito das próteses.

P. Cando xorden elaboracións de próteses en 3D ou mesmo enviadas en liña, iso pasa a ser unha ameaza ao traballo dos protésicos profesionais e a súa técnica?
JMFP.- O dentista ha de gañar en función do seu traballo, dos seus honorarios como licenciado, etc. A nós hannos de pagar o que creamos oportuno que habemos de cobrar. Entón aquí entramos nunha dinámica que se aparta un pouco do carácter científico, académico, que lle queiramos dar á prótese. Hai xente de laboratorios de próteses que o que queren é alcanzar máis negocio vendendo moi barato, entón dixeron: “Eu vendo moi barato, o outro vende aínda máis caro”. Aquí estabamos pola calidade. A calidade pasa porque o CAD- CAM pode ofrecer unha produción máis barata porque aforras custos, etc etc. Pero a parte do CAD- CAM que che ofrece calidade, esa non está instalada aínda, ou está instalada minimamente. Non se pode xeneralizar, o CAD- CAM que se está utilizando é para mellorar un traballo pero tamén para que o prezo sexa máis económico. A calidade vai unida ao prezo, ao custo.

 

Curso Teórico-Práctico Rehabilitacións Completas Acrílicas

Módulo II, será en Febreiro, os días 28 e 29 e o tema a tratar ,e:
– Caracterización morfolóxica, textural e  cromática xenxival

Horario:

Venres: 9:00h – 19:30h

Sábado: 9:30h – 14:30h

Lugar

Laboratorio de Próteses Dentais E. MARIÑAS
Rúa Aragón, 101 – Baixo
Vigo

 

 

 

Eurídice Castillo M.



Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
[wp_show_posts id="1627"]