Xornada Fluxo dixital e impresión 3D

Xornada Fluxo dixital e impresión 3D

Un dos maiores reclamos dos protésicos é obter información sobre os procesos de dixitalización. Son cada vez máis importantes nos innovadores sistemas de produción, tamén na nosa profesión. O 16 de novembro haberá unha xornada clave sobre este tema para os protésicos de Galicia.

A Xornada Fluxo Dixital e Impresión 3D vaise desenvolver no Colexio Oficial de Médicos de A Coruña, en Santiago de Compostela, a partir das 9.30 da mañán. Asistirán a este evento tres poñentes moi relavantes nas súas especialidades.

Os poñentes da xornada

Comeza a xornada Paulo Pacheco, Director de SmileArtist. Na súa intervención Revolución Dixital 3.0 -Mínimamente invasivo para o traballo en equipo, falaranos das resistencias que traen as revolucións, coma a dixital. Resistencia ao cambio. A revolución dixital está chegando aos laboratorios dentais. Pacheco converteuse desde fai tempo, nun referente no aproveitamento das ventaxes da optimización do tempo pola implantación dixital, mantendo a calidade do traballo do equipo. O seu aproveitamento  pode producir una mellora importante na vida persoal e profesional dos profesionais protésicos.

Segue na súa intervención David Alonso Responsable de Inxeniería en Sineldent. O laboratorio dixital, unha realidade hoxe. Explicaranos os métodos do fluxo e fabricación dixital, a realidade do proceso a través da visión da inxeniería. Fará unha exploración da tolerancia na entrada de datos no proceso e os erros de precisión para minimizar su aparición

Finalmente Lucía Míguez, Directora de Rysia Impresión 3D, terá a exposición do 3D ca charla Impresión 3D na prótese dental. O obxectivo é achegar dunha forma sinxela os conceptos básicos do 3D aos protésicos, e o coñecemento das resinas que melloran o rendemento no traballo protésico. Se explicará cómo funcionan as máquinas a través dunha demostración práctica do proceso.

 Programa

09.30-09.45h

Recollida de materiais

09.45-10.00h

Presentación do evento

10.00 a 11.00h

Revolución Dixital 3.0 -Mínimamente invasivo para o traballo en equipo

Poñente: Paulo Pacheco, SmileArtis

11.00 – 11.30

Coffee Break

11.30 – 12.30

O laboratorio dixital, unha realidade hoxe

Poñente: David Alonso, Sineldent

 12.30 – 13.30

Impresión 3D na prótese dental

Poñente: Lucía Míguez, Rysia Impresión 3D

 

 

  • Fluxo Dixital e Impresión 3D
  • Lugar: Colexio Oficial de Médicos de A Coruña (cerca estación de tren e parking).
  • Fecha: sábado 16 de novembro
  • Hora: 9.30 a 13.30
  • Inscrición: coprodega@coprodega.es ou chamar a0 981 571017.
  • Colexiados: 20€.
  • Estudantes: Gratis.

Triptico-FluxoDixital-5Light

 

 



Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
[wp_show_posts id="1627"]