FINS E FUNCIÓNS

Constiúe a súa finalidade esencial ordenar no ámbito das súas competencias o exercicio da profesión, e velar pola defensa dos intereses dos seus colexiados.

A título meramente orientativo podemos citar algunha das funcións e fins recollidos nos artigos 7º e 8º dos vixentes Estatutos:

 

  1. Lograr a constante mellora da calidade das prestacións profesionais dos colexiados promovendo a sua formación e perfeccionamento.
  2. Cooperar coa mellora dos estudos conducentes á obtención de títulos habilitantes para o exercicio da profesión.
  3. Colaborar coas Administracións públicas no exercicio das súas funcións.
  4. Crear, soster e fomentar obras e institucións de previsión, de crédito, consumo e seguridade (convenios).
  5. Fomentar os actos de carácter cultural e científico.
  6. Exercitar as accións legais e adoptar as medidas necesarias para evitar o intrusismo profesional e a competencia desleal.
  7. Organizar actividades e servizos comúns de carácter profesional (asesoramento xurídico, económico, administrativo ou técnico) cultural, asistencial e análogos.
  8. Intervir como mediador en conflictos profesionais que xurdan entre os colexiados, e actuar como árbitro nos conflictos entre colexiados e terceiros, cando o soliciten ámbalas partes.
  9. Colaborar coas Administracións públicas en materia das súas competencias e participar nos órganos consultivos da Administración de Galicia.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
[wp_show_posts id="1627"]