ERTE DE FORZA MAIOR POR REBROTE DA COVID

ERTE DE FORZA MAIOR POR REBROTE DA COVID

Ante a existencia de novos rebrotes da COVID-19, as autoridades do Goberno Central e Autonómico estableceron novos protocolos de actuación para as empresas. As medidas están destinadas a evitar un crecemento incontrolable da pandemia e para protexer ao maior número de empresas e traballadores afectados a través dos ERTES.

O Real Decreto Lei 24/2020, do 26 de xuño, na súa Disposición Adicional Primeira, contempla a posibilidade de solicitar un ERTE por causa de forza maior, para aquelas empresas que a partir do 1 de xullo vexan impedida a súa actividade pola adopción das novas restricións.

Dacordo cos citados criterios, entre outras cousas, recóllese que as empresas que poden solicitar este ERTE por rebrote son:

  • As que non solicitasen ningún  ERTE con anterioridade (é dicir, é un  ERTE independente).
  • As que tivesen aprobado un  ERTE anteriormente, e renunciasen expresamente a el na súa totalidade ou desafectaran a todos os traballadores.
  • As que estando en situación de forza maior parcial, cun  ERTE por forza maior vixente, vísense afectadas, nun ou varios dos seus centros de traballo, polas novas medidas restritivas ou de contención por rebrotes (é dicir, é un  ERTE compatible cun ERTE por forza maior).

Non existe unha documentación concreta que deba ser presentada polas empresas para acreditar a causa de forza maior. En todo caso, é obrigatorio que se inclúa unha memoria ou informe suficientemente detallado no que se describa a actividade que realiza e cómo as novas medidas gubernativas adoptadas afectan o seu desenvolvemento.

Más información na nota informativa enviada por correo interno aos colexiados.

 



[wp_show_posts id="1627"]