Fonollosa: diante da técnica está o criterio protésico

Fonollosa: diante da técnica está o criterio protésico

Detrás dá adaptación á nova ferramenta dixital no ámbito protésico o que hai é xustamente isto: só un novo instrumento. Facer o traballo protésico non é posible sen os coñecementos anatómicos, mecánicos, funcionais e de análise de cada caso que ten nas súas capacidades o protésico dental.

Este foi un concepto clave defendido polo Profesor José María Fonollosa no seu curso “Proteses completas dixitais. Curso teórico, demostración práctica” feita co patrocinio de Vita Vionic Vigo, en Santiago de Compostela.

O evento contou cun público de máis de cincuenta persoas, entre protésicos e estudantes de prótese dental, absolutamente entregados a escoitar a súa visión sobre o paso da técnica analóxica á dixital. O Presidente do Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia, Avelino Sanmartín adiantou no seu discurso información sobre un ciclo de formacións dirixidas aos colexiados e colexiadas, ao longo do ano. Tamén na apertura estivo Ricardo Fernándes, en representación da casa patrocinadora e colaboradora do evento, Vita Zahnfabrik – Team Iberica.

Curso co Prof. Fonollosa

Aforro de tempo, máis seguridade e produtividade

Fonollosa debullou as distintas formas en que se vai a desenvolver o traballo protésico a través dos novos sistemas. Explicou os criterios de fresado e impresión 3D a utilizar para este novo tipo de dentes de produción industrial e como explicou, “perfeccionados para a confección dixital da prótese dental”, incrementando así a seguridade, o aforro de tempo e a produtividade do procedemento de elaboración de dentaduras completas.

Durante a súa exposición, o profesor chamou a facer unha importante distinción:

Teoría é a comprensión das cousas, tecnoloxía é como se fan as cousas e as dúas son necesarias para a elaboración dunha prótese que cumpra coas funcións que se esperan delas: masticatorias, de linguaxe, ou estéticas”. O estudo da mobilidade debe facerse con criterio protésico e non de enxeñeiros, dixo, á vez que foi enumerando as distintas situacións nas que hai que aplicar a teoría necesaria para a correcta toma de decisións.

Todos os presentes puideron observar as calidades dos traballos.

Durante o evento, o colexio, conxuntamente con Labor Dental Técnica, coa que ten un convenio de colaboración, facilitou a adquisición de exemplares do libro aos colexiados que se mostraron interesados. Exemplares que o profesor Fonollosa asinou.

Networking dos asistentes

O networking foi posible nos descansos.

Máis persoas que non puideron asistir están apuntadas xa para unha próxima edición do excelente curso impartido polo especialista. 

 

Reportaxe fotográfica do evento en Facebook

Total Page Visits: 266 - Today Page Visits: 8


[wp_show_posts id="1627"]