Formulario de denuncia anónima

Dende aquí podes darnos a coñecer, de forma anónima*, calquera acción ou omisión contraria á lei ou aos principios do Colexio, co obxectivo de promover e mellorar as boas prácticas no noso sector.

 

Este medio de prevención e resolución de conflitos preserva a identidade do colexiado ou cidadán que realiza a comunicación e garante os dereitos das persoas ás que se atribúen condutas non conformes á ética profesional.

 

Aplicaremos criterios rigorosos para admitir as comunicacións e esixiremos responsabilidade civil, penal e administrativa a quen comunique feitos con abuso de dereito ou contra a boa fe.

 

As comunicacións feitas por esta canle non supoñen a formulación de recurso contencioso-administrativo nin o exercicio de ningunha acción ou reclamación á que teñan dereito as persoas que as formulen.

 

 

Requisitos para usar esta canle

 

  • Non emprendas actuacións baseadas só en opinións. Debes ter unha seguridade razoable sobre a información que transfires.

 

  • Explica os feitos procurando non incorporar datos que te identifiquen e indica como podemos verificar o que nos comunicas.

 

  • Achega toda a documentación dispoñible sobre a situación que denuncias ou indicacións obxectivas para obter as probas.

 

  • Envía os ficheiros en PDF preferiblemente (aínda que tamén podes usar as extensións .txt, .rtf, .doc, .docx, .odt, .xls, .xlsx, .jpg, .jpeg e .zip).



    Acepto os requisitos de uso deste formulario.

    * IMPORTANTE:

     

      • Ao usar dispositivos vinculados a unha persoa, nos documentos xerados neles quedan metadatos. Recomendámosche usar un dispositivo non vinculado ou eliminar os metadatos dos documentos que achegues.

     

      • Ao utilizar este formulario dende o teu navegador habitual, queda rastro do teu enderezo IP. Se queres o anonimato total da comunicación, utiliza unha rede de anonimización, como o navegador TOR.

    error: contido protexido!
    Falamos?