Curso práctico sobre innovacións en prótese dental

Curso práctico sobre innovacións en prótese dental

O 16 e 17 de xaneiro celebrarase en Ourense unha intensa xornada práctica en colaboración con Bredent Group, GS Dental e Dynomic Servicios Dixitais, dirixida a profesionais que queiran levar o seu laboratorio ao seguinte nivel coas últimas innovacións en prótese dental. O curso terá lugar nas instalacións de Dynomic (Rúa dos Tecelans 2, Ourense) en horario de 9:30 a 19:30 h.

Durante dous días traballarase con materiais que están a revolucionar a prótese dental, como as novas resinas bre.Print model, o Multicom+, o Bionicut ACE Snap ou o material HIPC. Tamén se profundará na caracterización e acabado mediante Visio.Lign Color, Crea.Lign e Visio.Lign Shield, combinando explicación teórica con demostracións e práctica guiada.

A formación será impartida polo TPD José Peidró, técnico especialista en prótese dental e consultor internacional de Bredent Group con ampla traxectoria en prótese facial e fluxo dixital clínica-laboratorio.

O prezo de inscrición é de 175 € e inclúe modelo, pontes e todos os materiais necesarios para o desenvolvemento do curso. As prazas son limitadas, recoméndase ás persoas colexiadas interesadas realizar a súa inscrición canto antes para asegurar a participación nesta formación exclusiva.

INFORMACIÓN E RESERVAS:

  • Paco Gonzalez – 629 285 854
  • Isabel García – 607 320 666 | bredentgroup@bredent.es

 

 

 



error: contido protexido!