Curso práctico de RCP e desfibrilador

Curso práctico de RCP e desfibrilador

En Coprodega seguimos apostando por unha formación de calidade para os nosos colexiados: invitámoste a inscribirte no Curso práctico de RCP e utilización do desfibrilador semiautomático —organizado por ICOEC— que se celebrará o sábado 27 de setembro na sede en Santiago de Compostela do Colexio Oficial de Médicos da Coruña e será impartido por médicos especialistas en urxencias, reanimación e cardioloxía para garantir o máximo rigor.

Esta formación, GRATUÍTA E CON INSCRICIÓN OBRIGATORIA, está deseñada para dotarte dos coñecementos esenciais en reanimación cardiopulmonar (RCP) básica en adultos, nenos e lactantes, así como no uso correcto do DEA/DESA. Ademais, abordaremos técnicas de desosturación da vía aérea e realizaremos prácticas intensivas para afianzar o aprendido.

 

 

Lembra que a formación en soporte vital é fundamental en calquera ámbito, tanto profesional coma persoal, para poder actuar con rapidez e eficacia ante calquera situación de emerxencia.

  • Inscricións: AQUÍ.
  • Máis información: AQUÍ.

 



error: contido protexido!