Coprodega asina un convenio con Audidat

Asinado Convenio entre Coprodega e Audidat-1

Coprodega asina un convenio con Audidat

O Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia e a empresa Audidat asinamos recentemente un convenio de colaboración a fin de poder garantir asesoramento especializado aos nosos colexiados en materia de Protección de Datos e Seguridade da Información.

O convenio foi subscrito por Avelino Sanmartín Caamaño, na súa condición de presidente do colexio e por Javier Rico, Director Comercial e Consultor de Protección de datos de Datos de Audidat Galicia.

A actividade dos protésicos dentais comporta o tratamento de datos altamente sensibles. Estes son os datos relativos á saúde física das persoas, datos sobre probas e exames, enfermidades ou condicións persoais de carácter privado. Tamén protexe os datos de identidade ou calquera outro que permita precisar o recoñecemento dunha persoa.

Asinado Convenio con Audidat

Avelino Sanmartín Caamaño, presidente de Coprodega e Javier Rico, Director Comercial de Audidat en Galicia.

 

O RGPD e a LOPD- GDD

Como profesión vinculada a estes temas, os protésicos dentais deben garantir o cumprimento da Lei Orgánica de Protección de Datos e Garantía de Dereitos Dixitais. Esta lei adapta a normativa da Unión Europea, o RGPD, ao marco español ( RGPD e a LOPD- GDD).

O obxectivo do convenio asinado é que os nosos colexiados conten coa tranquilidade e seguridade do seu cumprimento normativo  en Protección de Datos e Seguridade da Información. Audidat ofréceo,  facilitado por un equipo de consultores especializados e con gran experiencia, que asesorarán para evitar que se produzan consecuencias económicas, legais, reputacionais, operacionais ou empresariais que poidan prexudicar aos nosos profesionais.

En especial búscase garantir a clientes/pacientes a confidencialidade e seguridade con respecto aos seus datos persoais. En consecuencia, tamén facilitamos un servizo que procure aos protésicos dentais a tranquilidade do cumprimento das directivas legais con transparencia e total garantía.

Desde Audidat aclárannos: “Non incumprir xa non é suficiente”, débese poder demostrar ante interesados e autoridades supervisoras que todo levase a cabo conforme ao regulamento. Desta maneira, afirman, cumprirase o principio de «responsabilidade proactiva» que esixe unha actitude consciente, diligente e proactiva.

Total Page Visits: 98 - Today Page Visits: 3


[wp_show_posts id="1627"]