13 Mar Convocatoria Sesión Ordinaria 1/2026, Asemblea Xeral
Posted at 16:39h
in Circulares
Estimado/a colexiado/a:
Por medio do presente, procédese á notificación da convocatoria da Sesión Ordinaria nº 1/2026, da Asemblea Xeral, que terá lugar o vindeiro VENRES 27 DE MARZO DE 2025, no Hotel Gelmírez, sito na rúa do Hórreo nº 92, da cidade de Santiago de Compostela, ás 17:30 horas en primeira convocatoria e media hora despois en segunda.
Así mesmo, axúntase a ligazón para acceder á seguinte documentación:
- Acta Sesión Ordinaria nº 1/2025, do 18 de xaneiro
- Conta Xeral 2025
- Presuposto 2026
- Bases de Execución do presuposto 2026
- Regulamento de Réxime Interno
- Regulamento Asemblea Xeral
De conformidade co disposto no artigo 19 dos Estatutos, a partir da convocatoria están a disposición dos/as colexiados/as na sede social do Colexio (Rúa Hórreo 7, 1º dereita, de Santiago de Compostela) os expedientes incluídos na orde do día.
Por motivos organizativos, prégase aos asistentes puntualidade e confirmación de asistencia a través da Secretaría Técnica do Colexio (no teléfono +34 981 571 017 ou no correo electrónico coprodega@coprodega.es).
Un cordial saúdo,
Avelino J. Sanmartín Caamaño
Presidente do C.O.P.D.G.





