Convocatoria Sesión Ordinaria 1/2025, Asemblea Xeral

Convocatoria Sesión Ordinaria 1/2025, Asemblea Xeral

Por medio do presente, procédese á convocatoria da Sesión Ordinaria nº 1/2024, da Asemblea Xeral, que terá lugar o vindeiro sábado día 18 de xaneiro de 2025, no Hotel Santiago Plaza, sito na rúa Restollal nº 24, da cidade de Santiago de Compostela, ás 10:00 horas en primeira convocatoria e media hora despois en segunda.

Documentación:

Convocatoria Convocatoria Asemblea Xeral Ordinaria nº 1-2025, 18 de xaneiro.
Acta Sesión Ordinaria nº 1/2024, de 23 de marzo Acta Sesión Ordinaria nº 1-2024. Asemblea Xeral, 23 de marzo de 2024
Conta Xeral do ano 2024 CONTA XERAL 2024
Presupostos para o ano 2025 Proposta presuposto 2025
Bases de Execución do Presuposto para o ano 2025 Bases de Execución 2025
Regulamento da Asemblea Xeral REGULAMENTO ASEMBLEA XERAL

De conformidade co disposto no artigo 19 dos Estatutos, a partir da convocatoria están a disposición dos/as colexiados/as na sede social do Colexio (Rúa Hórreo 7, 1º dereita, de Santiago de Compostela) os expedientes incluídos na orde do día.

Por motivos organizativos, prégase aos asistentes puntualidade, e confirmación da súa asistencia a través da Secretaría Técnica do Colexio (telf. 981 571 017/coprodega@coprodega.es).



error: contido protexido!
Falamos?