20 Feb Convidámoste ao I Simposio Pericial de UPdeG
Estimado/a colexiado/a:
O vindeiro 14 de marzo celebrarase o I Simposio Pericial de Unión Profesional de Galicia baixo o título “El informe pericial profesional como elemento clave en la Administración de Justicia”.
Este encontro nace co obxectivo de destacar a importancia do traballo dos peritos profesionais, analizar o seu papel como peza esencial nos procesos xudiciais e debater sobre os novos retos do contexto dixital.
Como presidente de COPRODEGA, é un pracer convidarte a este evento sen custo para ti (prezo en billeteira: 40 €); só tes que reservar a túa PRAZA GRATUITA aquí: FORMULARIO DE INSCRICIÓN
Agardo que poidas aproveitar esta oportunidade de actualizar coñecementos e seguir medrando profesionalmente.
• Día: sábado 14 de marzo de 2026
• Horario: de 10:00 h a 18:00 h
• PROGRAMA
Recibe un cordial saúdo,
Avelino J. Sanmartín Caamaño
Presidente do Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia<





