Convenio con Fycos para a xestión dos residuos

Logo de Fycos

Convenio con Fycos para a xestión dos residuos

Ofrecer vantaxes e atención especializada para os colexiados e colexiadas é o obxectivo que se propuxo Coprodega, ao asinar con FYCOS Auditoría-Consultoría un convenio que nos permite contar cunha asesoría integral en materia de xestión ambiental en condicións favorables. A asesoría atende ás necesidades derivadas da produción de residuos sanitarios e a súa consecuente presentación legal obrigatoria.

Os colexiados teñen un desconto do 10% sobre a contratación de todos os servizos que oferta a empresa consultora. Fycos tamén ofrece nas súas liñas de negocio o a consultoría e auditoría da xestión da calidad e os riscos laborais.

Desde Fycos lembran que as empresas, independentemente da súa actividade e tamaño, teñen que cumprir con esixencias ambientais. Para iso é necesario utilizar ferramentas que integren o medio ambiente na súa xestión. Para seguir sendo competitivas, as organizacións necesitan cada vez máis un Sistema de Xestión Ambiental ( SGA), como unha maneira sólida de identificar e controlar os efectos da empresa sobre o medio ambiente.

Documentación legal

Cumprir ca normativa medio ambiental abrangue puntos como:

  • Obrigas no almacenamento dos residuos,
  • comunicación axeitada da actividade,
  • elaboración do libro de rexistro
  • asistencia ante inspeccións
  • entrega de cartafol do laboratorio, entre outros.

Máis aló da legalidade, o medio ambiente

Cada vez vai tomando máis importancia, tras a pandemia global do ano 2020, a sensibilidade para que  as empresas incorporen na seu desempeño medidas de sustentabilidade medio ambiental. Ao asinar o convenio de colaboración con Fycos para a xestión dos residuos e, en xeral, o tema ambiental dos laboratorios, damos un paso máis que garante a responsabilidade dos nosos establecementos e profesionais colexiados.

No caso dos laboratorios protésicos con todo que trátase, xa, dunha prescrición indispensable que permite o seu funcionamento autorizado, queda clara a responsabilidade da nosa profesión no uso responsable dos produtos, e o tratamento dos residuos sanitarios xenerados durante o proceso de elaboración das nosas prótesis dentais.

Total Page Visits: 991 - Today Page Visits: 4


[wp_show_posts id="1627"]