Convenio de Colaboración con Valora

Manos persona mayor

Convenio de Colaboración con Valora

Nos estatutos do colexio consta como obxectivo colaborar co colectivo de protésicos organizando actividades e servizos comúns tanto profesionais como asistenciais e de previsión. A idea é que repercutan na mellora das condicións dos seus colexiados e colexiadas. Neste sentido existe o convenio de colaboración coa empresa Valora.

VALORA é unha empresa de servizos psico-xerontolóxicos a domicilio que nace co espírito de axudar ás persoas maiores, as súas familias e os seus coidadores. O que se busca co convenio e facilitar aos protésicos e protésicas os servizos dunha empresa profesional que poda servir de axuda en circunstancias complexas.

Todos os colexiados e os seus familiares directos, ata o segundo grao, teñen un desconto de 10% nos servizos que requiran.

Mans de persoa maior con chaves

O envellecemento necesita atención. Foto Pixabay.

Servizos da empresa

Os servizos que ofrece a empresa para atender este tipo de situacións son:

  1. Avaliación do estado cognitivo xeral

Fai-se unha análise exhaustiva do estado xeral do cliente, incluindo as principais áreas cognitivas (linguaxe, memoria, orientación, atención, etc.), o estado de ánimo (se existen signos de depresión ou ansiedade), a contorna e outros factores que poidan estar influindo no desempeño cognitivo.

 

2.     Creación dun plan personalizado de estimulación

En función das demandas do cliente, confecciónase un plan de traballo que manteña activas as diversas áreas cognitivas. Este material é individualizado e personalizado. Ademáis, as sesións lévanse a cabo cun profesional cualificado e con experiencia.

Os colexiados deberán acreditar selo co correspondente carnet do colexio.

3.     Deseño dun plan de actividades lúdicas con carácter rehabilitador

Plantexaríanse unha serie de actividades que a persoa maior sa ou con problemas congitivos pode realizar soa ou en compaña, co o obxectivo de maximizar a súas capacidades mentais.

  1. Asesoramento a coidadores
  • Axuda á familia/coidadores para afrontar as condutas molestas ou disruptivas por parte dos pacientes (deambulación, gritos, choros, etc.).
  • Asesoramento nos trámites de solicitude de axudas: unha traballadora social experimentada asesorará e prestará soporte na solicitude das diversas axudas ás que a persoa e a familia poidan acceder.
  • Búsqueda de outros profesionais socio-sanitarios (persoal de enfermaría, fisioterapeutas, logopedas, etc.) que realicen o ser traballo no domicilio do cliente.

A prevención

Dende VALORA promóvese a necesidade de coidarse, tanto a nivel físico como a nivel mental. Actuar deste xeito axuda a previr a aparición de pequenos achaques relacionados coa idade. Así fanse avaliacións psicolóxicas, estimulación cognitiva ás persoas maiores (tanto sas como dependentes) e soporte ás súas familias ou coidadores, para que o traballo de coidar sexa máis doado.

Total Page Visits: 154 - Today Page Visits: 3


[wp_show_posts id="1627"]