Concurso Fotográfico: Calendario Protésico 2020

Concurso Fotográfico: Calendario Protésico 2020

 

 

Este ano no colexio tivemos a iniciativa de publicar por primeira vez o Calendario 2019 con fotografías do Congreso de Prótese Dental de Galicia do ano 2019. Nesta ocasión quixemos convidar a todos os nosos colexiados a participar no Concurso Fotográfico: Calendario Protésico 2020. O sentido desta convocatoria é facer máis visible o traballo dos protésicos de toda Galicia a partir dunha ferramenta tan importante da nosa profesión como é a fotografía.

A recepción de fotografías ata un máximo de 6 por colexiado, extenderase ata o luns 4 de novembro. Os colexiados poden facer as imaxes con toda liberdade, tentando mostrar todas as etapas e aspectos da profesión protésica.

O sorteo

Para animar á participación, entre todos os participantes farase un sorteo tomando en conta o número de colexiado.

O gañador elixe a un colega para asistir á: Expo Dental 2020, dúas entradas; dous pasaxes á Madrid, ida e volta e invitación ao Día do Protésico Dental, no Ilustre Colexio de Protésicos Dentais de Madrid.

As fotos enviaránse ao e-mail: coprodega@coprodega.es co asunto: Calendario Coprodega 2020. Cada foto no calendario publicarase co nome, apelidos, número de colexiado e a localidade dende onde proceden se o estima axeitado. A información sobre o concurso enviouse por email a todas e todos.

A valoración das fotos está a cargo da Xunta de Goberno do Colexio de Oficial de Protésicos Dentais de Galicia. O sorteo se fará de xeito público para garantiar a súa transparencia.

 



Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies