O/a protésico/a dental é aquel/a profesional inscrito/a no Colexio Oficial de Protésicos/as Dentais, que exerce a profesión de protésico/a dental de acordo co disposto na Lei 10/1986 do 17 de marzo, o RD 1591/2009, o RD 1687/2011 e a R.D.Lexislativo 1/2015, así como a demais lexislación vixente.
Os/as protésicos/as dentais teñen plena capacidade e responsabilidade respecto as próteses dentais que elaboran ou subministran e dos centros, instalacións e laboratorios correspondentes.
A parte da obrigatoriedade por Lei de pertencer ao Colexio, son múltiples as vantaxas de pertencer ao Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia.
Será requisito indispensáble para exercer a profesión de protésico dental no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia a incorporación ó Colexio Oficial de Protésicos/as Dentais de Galicia cando o domicilio profesional único ou principal radique nesta comunidade.
Son dereitos dos/as colexiados/as:
O Colexio está traballando a cotío para velar polo mellor para os seus asociados, a parte destes dereitos otorgados aos colexiados, son moitas máis as vantaxes de pertencer ao Colexio como a posibilidade de ser un Perito Protésico, seguros especiais para colexiados, moitos convenios con moitas e variadas empresas para lograr mellores ofertas en todo tipo de produtos e servizos, acceso preferencial a cursos e moitas máis cousas.
O protésico dental é o profesional sanitario encargado de deseñar, elaborar e fabricar as distintas próteses dentais existentes, así como os aparatos de ortodoncia removible, as férulas dentais, as cubetas de impresión individuais, e outros.
Do mesmo modo que elabora, tamén se encargará de reparar o anteriormente citado en caso de rotura ou desgaste polo paso do tempo.
Cada caso clínico require unha prótese ou dispositivo determinado, e cada dispositivo que fabrica o protésico dental é unha obra artesanal única e personalizada que ten de cumplir todolos requisitos necesarios, tanto funcionais como estéticos, por elo, para desempeñar a profesión ademáis de adquirir os coñecementos necesarios, tanto técnicos como sanitarios (coñecemento das propiedades químicas e físicas dos materiais que usa, coñecemento de técnicas de traballo e uso de maquinaria e instrumental, coñecemento de anatomía oral e incluso facial, etc.), o protésico dental precisa ser habilidoso coas súas mans, e necesita perfeccionarse como profesional mentras desempeña a sua labor creativa co paso do tempo, para adquirir unha requerida experiencia.
Para ingresar no Colexio Oficial de Protésicos/as Dentais de Galicia son necesarios os seguintes requisitos:
Será requisito indispensáble para exercer a profesión de protésico dental no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia a incorporación ó Colexio Oficial de Protésicos/as Dentais de Galicia cando o domicilio profesional único ou principal radique nesta comunidade.
O incumprimento de algún dos requisitos citados nos puntos anteriores será motivo de denegación da admisión de colexiación.
Igualmente poderán exercer no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia os profesionais colexiados noutro ámbito territorial no que teñan establecido o domicilio profesional único ou principal. Neste suposto, deberá comunicar a súa actuación ó Colexio Oficial de Protésicos/as Dentais de Galicia.
Os profesionais titulados ou habilitados vinculados coa Administración pública mediante relación de servizos de carácter administrativo ou laboral, non precisarán estar colexiados para o exercicio de funcións puramente administrativas nin para a realización de actividades propias da correspondente profesión por conta da administración á que pertenzan, cando o destinatario inmediato daquelas sexa esa administración. Si será obrigatoria, en consecuencia, a colexiación para o exercicio da actividade privada.
A obrigatoriedade de pertenza ó Colexio enténdese sen prexuízo do dereito de sindicación.
Desde a creación do Colexio no ano 1999 a profesión de protésico/a dental ten carácter colexial, sendo imprescindible para o seu exercicio no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia estar incorporado a el a través do cumprimento dos requisitos e trámites esixidos polo artigo 10º.1. dos vixentes Estatutos aprobados mediante Decreto 304/2008, do 9 de outubro.
O apartado 2º de dito artigo en relación co procedimento de colexiación establece o siguiente:
A alta colexial deberá realizarse remitindo ao domicilio social do Colexio a seguinte documentación:
.