Circular Informativa I -Cancelación dos actos colexiais

Circular Informativa I -Cancelación dos actos colexiais

Estamos ante unha situación socio-sanitaria excepcional que se presenta como consecuencia da propagación do COVID-19. Perante esta situación a Xunta de Goberno do Colexio, seguindo as recomendacións das autoridades sanitarias acordou a cancelación da celebración de todos os actos colexias previstos para marzo e abril da nosa institución. O acordo acadouse na sesión extraordinaria urxente, celebrada o 13 de marzo de 2020.

Así mesmo co fin de evitar posibles contaxios entre os membros do noso colectivo profesional e a ciudadanía en xeral, co fin último de garantir a operatividade da nosa actividade colexial e de seguir ofrecendo os servizos prestados tanto aos colexiados como á ciudadanía, acórdanse con carácter temporal as seguintes medidas:

  1. A suspensión de todos os actos colexiais. Como xa se indicou suspéndese e aprázase a sesión ordinaria I/2020 da Asemblea Xeral Ordinaria así como o XI Xantar de Confraternidade previstos para o sábado 21 de marzo.
  2. Tamén se suspenden e aprazan o curso de Exocad previsto para o 3 e 4 de abril e o Curso Básico de Exocad previsto para os días 17 e 18 de abril.
  3. A atención ao colexiado realizarase de forma telefónica ou telemática, evitando no posible acudir a sede colexial presencialmente.

A data da Asemblea Xeral así como a do xantar serávos novamente comunicada unha vez sexa acordada a mesma polo Pleno da Xunta de Goberno. Podese consultar, como sempre, no email coprodega@coprodega.es, ou atopar máis información nas actualizacións desta web.

 



Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
[wp_show_posts id="1627"]