É un canal de comunicación específico posto á disposición de toda persoa que queira informar, mesmo de maneira anónima, sobre condutas que resulten contrarias á lei, así como aos principios ou ás regras éticas da propia entidade.
Se tes algún tipo de relación ou vínculo co COLEXIO OFICIAL DE PROTÉSICOS DENTAIS DE GALICIA e, por este motivo, es coñecedor/a de algún comportamento ou conduta irregular dentro da nosa entidade, podes poñelo en coñecemento a través do canal ético para que se adopten as medidas correspondentes.
Para iso é imprescindible que a comunicación que facilites estea avalada por información veraz e probas suficientes que a sustenten, facilitando así o posterior traballo de instrución e investigación.
Se accedes á dirección https://coprodega.canales-eticos.com poderás informar, de maneira sinxela e cómoda, sobre a situación que desexes indicando o asunto co que se relaciona (acoso sexual, estafa, tráfico de influencias ou calquera outro), realizando unha descrición detallada dos feitos.
Ademais, poderás achegar documentación que servirá como proba para apoiar a información presentada e que será de grande utilidade para a persoa encargada de instruír o procedemento.
Unha vez presentada a denuncia, facilitaráselle un código para que poidas seguir o estado do procedemento a través da propia plataforma.
O propio canal ético servirá como medio de comunicación mediante un chat interno e absolutamente confidencial entre a persoa informante e a persoa instructora do procedemento.
Unha vez presentada a denuncia ou comunicación a través do canal ético, a persoa encargada de instruír o procedemento confirmarache nun prazo máximo de sete (7) días que a túa denuncia foi recibida e que nun prazo máximo de tres (3) meses o procedemento será resolto.
No caso de que a denuncia se refira a acoso moral, sexual ou por razón de sexo no traballo, o procedemento tramitarase con carácter de urxencia e resolverase coa maior brevidade posible.
Garántese a indemnidade de toda persoa que realice unha comunicación a través do canal ético, quedando prohibida calquera represalia contra ela.