Requisitos:
Trámitación:
A baixa colexial deberá realizarse remitindo a seguinte documentación:
– Modelo de baixa debidamente cumprimentado no modelo normalizado aprobado polos órganos de Goberno do Colexio.
– Carné de colexiado (en todos os casos)
Asemade, lembrámoslle que existe a posibilidade de continuar como colexiado con cota de NON EXERCENTE, aportando a cantidade de 10,00 euros mensuais.
Por maior abastamento, poñemos no seu coñecemento tamén, que modificadas as circunstancias que deron lugar á baixa colexial, o inicio da actividade profesional sen a nova incorporación a este Colexio, constituirá un acto de engano e violación das normas regulamentarias, que darán lugar ás accións pertinentes perante a xurisdición civil para acadar a declaración xudicial de cese do acto, ao abeiro do artigo 18 da Lei 3/1991, do de xullo, sobre competencia desleal.