12 Mai Así foi o Simposium de Innovación Tecnolóxica e Compromiso Social 2025
O sábado, día 10 de maio de 2025, celebrouse no Hotel Puerta del Camino de Santiago de Compostela a cerimonia de entrega de premios da Unión Profesional de Galicia, formada por 46 asociacións profesionais que representan a máis de 90.000 profesionais de Galicia.
Nesta edición, a nosa compañeira Beatriz Veiga López foi galardoada como “Colegiada del año 2024”, cun recoñecemento que celebra a súa carreira e destaca os seus incansables esforzos para modernizar o sector. Beatriz, especializada en prótese sobre implantes e estética, dirixe o laboratorio de vangarda Oral Design Lugo – Técnica Dental Studio VP, adicado —dende hai máis de trinta anos— á investigación en colaboración coas empresas líderes mundiais do sector, ofrecendo formación e soporte de fluxo dixital a centos de técnicos e clínicas dentais, o que o converte nun dos máis innovadores de España.
Un verdadeiro orgullo para o Colexio! Noraboa, Beatriz!
REPORTAXE GRÁFICA DO EVENTO | © Unión Profesional de Galicia | G Estudios Multimedia





