Así foi a Asemblea Xeral Ordinaria da Unión Profesional de Galicia

Así foi a Asemblea Xeral Ordinaria da Unión Profesional de Galicia

O pasado 4 de decembro, o Hotel OCA Porta do Camiño de Santiago de Compostela acolleu unha nova edición da Asemblea Xeral Ordinaria da Unión Profesional de Galicia, unha cita clave que reuniu a representantes dos distintos colexios profesionais galegos. COPRODEGA participou activamente nesta sesión, reafirmando o seu compromiso co fortalecemento do tecido colexial e coa colaboración interprofesional en Galicia.

 

 

Presidida polo Dr. José María Suárez Quintanilla, a asamblea abordou unha orde do día ampla e relevante para o futuro das profesións colexiadas. Entre os principais puntos destacaron a presentación do informe da Xunta de Goberno e o balance económico de 2025, xunto coa aprobación do orzamento para 2026. Tamén se trataron asuntos estratéxicos como:

  • A nova “Guía de Peritos, Mediadores e Expertos Independentes de Galicia 2026”.
  • A Declaración Institucional sobre a descentralización do Grao de Medicina.
  • A creación das Comisións de Medio Ambiente e Igualdade, que reforzan o compromiso coa sustentabilidade e a igualdade profesional.
  • A situación do Sistema Verifactu e do control horario, exposta por Pilar Otero Moar, presidenta do Colexio de Xestores Administrativos de Galicia.

 

Todos os acordos do día foron aprobados por unanimidade, tanto polas persoas asistentes de forma presencial como polas que participaron telemáticamente, reflectindo o consenso e a cooperación entre os colexios socios.

Rematada a sesión, os representantes compartiron o tradicional xantar de Nadal, nun ambiente distendido e de compañeirismo.

 



error: contido protexido!