Asemblea Xeral | 16 de xaneiro

Asemblea Xeral | 16 de xaneiro

Convocatoria da Sesión Ordinaria nº 1/2021 da Asemblea Xeral, que terá lugar o vindeiro sábado día 16 de xaneiro no Hotel NH Collection de Vigo*, sito na rúa Avenida García Barbón, 17-19, da cidade de Vigo, ás 10:30 horas en primeira convocatoria.

Así mesmo axúntase a seguinte documentación:

De conformidade co disposto no artigo 19, a partir da convocatoria están a disposición dos colexiados —previa cita— na sede social do Colexio (Rúa Hórreo nº 7, 1º Dereita, de Santiago de Compostela) os expedientes incluídos no orde do día.

Por motivos de seguridade (COVID-19) e organización, prégase aos asistentes puntualidade e CONFIRMACIÓN DA SÚA ASISTENCIA ATA O VENRES DÍA 15 DE XANEIRO, a través da Secretaria Técnica do Colexio

Telf. 981571017

e-mail: secretaria@coprodega.es

 

De conformidade co establecido no artigo 17º dos Estatutos, formarán parte da Asemblea Xeral os/as colexiados/as con plenitude de dereitos, debendo os asistentes —que confirmaran a súa asistencia—presentarse a partir das 10:00 horas, portando o carné de colexiado ou DNI aos efectos de realizar as comprobacións oportunas.

*NOTA: No suposto de que resultase imposible a celebración presencial da sesión da Asemblea Xeral, debido ás resctricións de mobilidade que poidesen decretarse, celebrarase a sesión de xeito telemático. A tal efecto, a todos aqueles que confirmaran a asistencia á devandita sesión, seralles enviada unha ligazón para conectarse o día 16 de xaneiro á celebración da sesión da Asemblea Xeral.

Así mesmo, ponse no voso coñecemento que a celebración da sesión da asemblea Xeral se realizará co cumprimento de todas as medidas de seguridade indicadas polas Autoridades Sanitarias.



error: contido protexido!
Falamos?