15º aniversario do Colexio de Hixienistas Dentais de Galicia

15º aniversario do Colexio de Hixienistas Dentais de Galicia

Esta fin de semana tivemos a oportunidade de asistir ao acto de celebración do 15º aniversario do Colexio Oficial de Hixienistas Dentais de Galicia.

Dende aquí, queremos expresar o noso máis sincero agradecemento ao Colexio Oficial de Hixienistas Dentais de Galicia pola invitación a un evento no que participaron tamén Raquel Piñón, presidenta do colexio de Odontólogos de Ourense, Adriana Sanz, presidenta do colexio de Odontólogos de Pontevedra, Maria Núñez, presidenta do colexio de Odontólogos de Lugo e do consello galego de Odontólogos e Estomatólogos, Carolina Barrero, presidenta do colexio de hixienistas de Galicia, Avelino Sanmartín, de Coprodega, e José María Suárez, presidente da Unión Profesional de Galicia e do colexio de odontólogos da Coruña.

 

    

 

Desde Coprodega, subliñamos os beneficios da estreita colaboración entre protésicos dentais, odontólogos e estomatólogos e hixienistas, un traballo en equipo no que, sen dúbida, o maior beneficiado segue a ser o paciente.

Este evento foi unha nova e marabillosa oportunidade para reflexionar sobre a importancia da colaboración e cohesión entre as nosas institucións. Xuntos, protésicos, odontólogos e hixienistas, traballamos cara a obxectivos comúns que benefician non só aos nosos profesionais, senón, sobre todo, a saúde bucodental da nosa comunidade.

Sigamos unindo esforzos para acadar metas que trascendan ás persoas e fortalecen as institucións e o sistema sanitario.

Parabéns ao Colexio e aos seus colexiados por esta memorable celebración dos seus 15 anos, e polo camiño que aínda nos queda por percorrer xuntos!

 



error: contido protexido!
Falamos?