¿Cómo colexiarse?
¿A qué esperas para colexiarte? ¡Sairás gañando!
Desde a creación do Colexio no ano 1999 a profesión de protésico dental ten carácter colexial ,sendo imprescindible para o seu exercicio no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia estar incorporado a el a través do cumprimento dos requisitos e trámites esixidos polo artigo 10º.1. dos vixentes Estatutos aprobados mediante Decreto 304/2008, do 9 de outubro.
O apartado 2º de dito artigo en relación co procedimento de colexiación establece o siguiente:
a)Requisitos:
- Estar en posesión do título de protésico dental ou habilitación profesional correspondente.
- Ser maior de idade.
- Non incorrer en causa de incapacidade legal para o exercicio da profesión.
- Satisfacer as cuotas de ingreso e cumprir os trámites de incorporación.
b)Trámites:
A alta colexial deberá realizarse remitindo ao domicilio social do Colexio a seguinte documentación:
- Enquisa e ficha profesional debidamente cumprimentada no modelo normalizado aprobado polos órganos de goberno do Colexio, a que podedes acceder desde estas páxinas.
- Copia compulsada do carné de identidade.
- Copia compulsada do título o habilitación profesional.
- 3 fotos tamaño carné
- Xustificante do ingreso da cota de alta e da primera cota de ingreso periódica bimensual.
c)Cotas:
- Cota de inscrición: 900,00 €.
- Cota de inscrición por inicio de actividade: 150,00 €.
- Cota periódica bimensual 40,00€.
- Cota periódica bimensual de 8,00 € cando se acredite algunha das seguintes situacións: desempregado, cese temporal de actividade, non exercente ou xubilación.
- As cotas de ingreso poden fraccionarse previa petición formulada en modelo normalizado polo interesado ate un máximo de 6 pagos que coincidiran coas sucesivas cotas periódicas bimensuais.
Existe a disposición dos colexiados un modelo de solicitude para a baixa colexial.